Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local arranca o ano con desiguais resultados

RR_Noticias

A SAR logrou unha vitoria pola mínima ante o Vitaldent Pontevedra. 26-27 foi o resultado do partido disputado na cidade do Lérez. Pola súa banda o Contrucciones Castro Chapela deixou escapar os puntos en xogo ante o Lalín. Un encontro disputado ante a súa afección e que perderon por 34-38.

Os últimos dez minutos de partido foron cruciais nun partido no que os de Chapela deixaron escapar os puntos logo de varios fallos que foron aproveitados por parte do Lalín. Os de Chapela encaixaron nese tempo nin máis nin menos que sete goles que deixaron o marcador final no definitivo 34-38.
Malia derrota ao Chapela mantense na terceira praza da categoría. Tentarán defender esta situación na vindeira xornada nun novo partido en Chapela, recibirán a outro equipo forte o Atlético Novás, na quinta praza.
Mellor sorte correu a SAR que inicia o ano cunha vitoria ante o Vitaldent Pontevedra. O partido disputado na cidade do Lérez rematou co resultado de 26-27. A SAR mantense así na sexta praza da categoría e na vindeira semana volven xogar fóra da casa, farano contra un equipo moi necesitado de puntos, o Artabro, que se atopa no penúltimo posto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará