Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Kilos de solidariedade para Cáritas Redondela nun ano no que se incrementou a pobreza

RR_Noticias

Agradecen a colaboración de veciños e asociacións, supermercados e clubs deportivos que permitiron reunir máis de cinco mil quilos de comida a través de diferentes iniciativas solidarias desenvolvidas durante o Nadal, Uns alimentos imprescindibles para unha ONG que no 2014 atendeu a 110 familias coa doazóns de alimentos e pago de recibos.

Conscientes de que están a asumir unha labor que deberían desenvolver as administracións, entenden con todo que é necesario colaborar para protexer a persoas e familias que se atopan en situación de necesidade extrema. No pasado ano foron unhas 350 as persoas precisaron deste apoio, unha situación que desminte os datos macroecónomicos que falan de recuperación. Francisco Couñago lembra que cada vez son máis as familias novas con nenos pequenos as que se afrontan a complicadas situacións “tendo que afrontar unha hipoteca e o resto dos pagos con as veces o único ingreso do 426 euros da axuda familiar”. Anima a estes veciños a superar calquera tipo de pudor á hora de pedir axuda “porque calquera de nós pode verse abocado a esta situación” e insiste en que a discrecións forma parte do xeito de traballar de Cáritas. Dende esta asociación non teñen palabras para agradecer a enorme colaboración que están a ter nos últimos tempos “imprescindible para poder seguir axudando aos que máis o necesitan” tamén neste 2015.  

Francisco Couñago Cáritas Redondela
No último ano incrementouse a pobreza en Redondela
Cinco toneladas de alimentos
Un Nadal especialmente solidario
Pobreza vergonzante
Hai quen non pide axuda por vergonza
Manuel Araujo Cáritas
Agradece a colaboración veciñal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará