Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Veciños de Chapela reclama a recuperación de fontes e lavadoiros

RR_Noticias

“Sen auga e en estado de abandono” así se atopan, segundo denuncia a Asociación de veciños, a maior parte das fontes da parroquia. Denuncian que dende o goberno local non se está a realizar ningún tipo de mantemento que garanta o seu funcionamento.  No mesmo estado estarían varios lavadoiros polo que reclaman que se proceda a súa recuperación.

A maior parte das fontes da parroquia de Chapela atópanse en estado de abandono, sen ningún tipo de mantemento e sen auga. A Fonte da Fraga, a da Estación, a fonte da Rabexa ou Mouriño, a da Baixada a Pescanova, a do Ñica, a do Cornido, a fonte da  Ponte seca ou a Fontiña son algunhas das que presentarían este estado, segundo denuncian dende a Asociación de veciños.
Dende o colectivo veciñal lembran que estas fontes sempre foron moi concorridas e apreciadas polos veciños e usuarios “incluídas as que posúen un cartel colgado coa inscrición de auga non potábel, porque inda que non sexan aptas para o consumo, si son imprescindibles para a limpeza no fogar e aseos entre outros servizos (por exemplo, no caso de avarías no fogar ou de cortes no subministro de augas)”
Denuncian que “por falta do necesario mantemento deixaron de emanar auga” motivo polo que solicitan que o goberno local adopte as medidas necesarias encamiñadas á recuperación íntegra das fontes “un ben común do que os veciños non podemos nin queremos prescindir”.
No mesmo sentido denuncian que existen varios lavadoiros públicos que na actualidade están abandonados, sen mantemento e algúns deles nin sequera teñen auga. O lavadoiro da Buraca, da Fontiña, da Pousadoura ou de Laredo serían algúns dos afectados e que precisarían dunha actuación para a súa recuperación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará