Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, Campito e Arealonga despiden o ano con vitorias

RR_Noticias

O Redondela FS gañou a batalla pola terceira praza logo de imporse ao Quinta de Tui por 3-4 no partido disputado na fin de semana. Un encontro marcado polo esforzo de ambos equipos e pola emoción dos últimos minutos. Vitoria tamén para o Campito ante o Tui Futsal (5-3) e do Arealonga que gañaba 4-2 ao Xarío nun partido disputado en Chapela.

Julio Mougán tivo que facer esforzos dobres no partido da fin de semana xa que con só nove xogadores, dous deles tocados, tivo que minimizar esforzos para chegar en condicións aos minutos finais. Así, nos primeiros vinte minutos as ocasións foron contadas para ambos equipos e no primeiro achegamento dos visitantes, no minuto 7 Dani adiantaba aos seus. Sería seis minutos máis tarde cando os tudenses empatarían o choque, sendo o 1-1 o resultado ao descanso.
A segunda metade tivo de todo, emoción, tensión, goles…os locais non se deron pro vencidos en ningún momento pero serían os de Redondelas os que se farían co partido. Victoria de prestixio para un colectivo que parece crecerse antes as adversidades e que inicia o descanso do Nadal nunha merecida terceira praza que deberán defender xa o 10 de xaneiro na bomboneira ante o Verín Futsal.
Fin de semana de vitorias para o fútbol sala local logo de que o Campito tamén derrotase ao seu rival, o Tui Futsal. Partido que remataba co resultado de 5-3. Logo do descanso do Nadal teñen unha cita difícil xa que xogarán co líder da categoría, o Sala Ourense.
Na autonómica norte, vitoria tamén para o Arealonga que vencía por 4-2 ao Xarío. Xa en xaneiro xogarán no campo dun dos equipos máis necesitados de punto. O Noia B, penúltimo da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará