Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela afunde ao Poio Artai

RR_Noticias

Os locais lograron certa igualdade nos primeiros minutos de partido, pero nada puideron facer para parar aos xogadores do Construcciones Castro que foron notablemente superiores. Un contundente 23-33 foi o resultado do encontro disputado en Poio.
O Chapela mantense na terceira praza en 1º nacional e á volta das vacacións tocaralles xogar na casa. Recibirán xa no 2015 ao Lalín.
 

Pola mínima caeu a SAR. 24-25 foi o resultado do partido disputado esta fin de semana na bomboneira ante o Calvo Siria e no que os xogadores da Sar Plastic Omnium pagaron a súa mala primeira parte. De cinco goles perdían cando chegaron ao descanso e pouco a pouco foron achegándose ao marcador. Con todo, non tiveron tempo para remontar e remataron o partido cun apertado pero insuficiente 24-25.
A SAR despide o ano nun meritorio sexto posto que defenderá ante o Pontevedra no inicio da competición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará