Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A campaña “Libros Solidarios” das bibliotecas recolle máis de 1000 kilos de alimentos

RR_Noticias

A campaña Libros Solidarios, consistente no intercambio de libros por alimentos desenvolveuse entre o 24 de outubro e o 28 de novembro nas bibliotecas escolares, municipais e do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e conseguiu reunir 830 quilos de alimentos e 280 quilos de produtos de hixiene que se destinarán a Cáritas Redondela. Por outra banda, as bibliotecas de Redondela e Chapela continúan neste mes de decembro coa organización de diferentes actividades orientadas ao público infantil dentro da súa programación de Nadal.

A primeira das actividades previstas será unha tarde de maxia con Leo Leíño que se vai desenvolver o martes 23 ás 18:00 horas orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Unha actividades orientada ao público infantil con entrada de balde organizada pola biblioteca en colaboración coa Fundación Filomena Rivero.
O luns 29 as actividades desprázanse a Chapela cun Contacontos que leva por título “O soño de Esther” e un obradoiro de pintura con luz, con Miguel Ángel Alonso Diz. Neste caso a actividade está orientada a rapaces de entre 5 e 8 anos e terá lugar ás sete da tarde.
Está aberto tamén o prazo de inscrición para participar no II Curso de Boas Maneiras e Protocolo para nenos e nenas que se van desenvolver os días 29 e 30 de decembro e 2 de Xaneiro na biblioteca de Redondela. Orientado a nenos de entre 7 e 9 anos é precisa inscrición previa na propia biblioteca ou a través do número 986401561.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará