Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trespés promove os camiños escolares

RR_Noticias

Trátase dunha proposta de mobilidade escolar e seguridade viaria para os centros escolares da vila. Co gallo de artellar esta iniciativa organizan unha charla hoxe mércores ás 18:00 horas no Multiusos na que se informará aos interesados sobre os obxectivos deste proxecto de mobilidade.

O obxectivo principal é o de incentivar ir camiñando ao colexio e o uso da bicicleta, unha medida que evitaría os atascos e problemas de circulación que todos os días se producen nas inmediacións dos centros educativos nas horas de entrada e saída de rapaces. Con todo, un dos seus principais beneficios sería o de favorecer hábitos máis saudables entre os rapaces.
Unha iniciativa que se atopa nos seus inicios polo que todas as persoas interesadas están convidadas a asistir a este acto público que contará coa presenza dunha responsable do proxecto ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible) que vén funcionando como alternativa ao vehículo particular nos desprazamentos aos centros escolares na cidade de A Coruña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará