Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inaugura un belén solidario

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle un belén tradicional de 18 metros cadrados promovido polo Concello de Redondela. Elaborado por José Carlos Otero Crespo para a súa instalación construíuse unha plataforma de 18 metros cadrados nos que se colocaron as máis de cen pezas que conforman o belén. Dende o concello animan aos veciños a visitalo e colaborar achegando alimentos non perecedeiros ou deixando un donativo que será entregado na súa totalidade a Cáritas.

José Carlos Otero Crespo, autor do belén no que leva traballando más de catro décadas, explicou que son 80 as pezas articuladas que conforman este nacemento ademais de outras vinte pezas estáticas. Xunto ás escenas máis tradicionais como o nacemento, a chegada dos Reis Magos ou a anunciación dos pastores, o Belén mostra diversos acontecementos da vida cotiá: os pastores coas ovellas, o traballo do campo e algunha escena menos habitual como un bambán ou un mozo xogando cunha buxaina. O tamaño que foi adquirindo o nacemento co paso dos anos levou a Otero a participar en diversos certames acadando importantes premios. Agarda que o belén impresione aos visitantes e que sexan moitos os que se acheguen a contemplar un traballo cuxa montaxe se prolongou durante unha semana. O alcalde de Redondela, Javier Bas destacou o traballo artesanal que hai detrás deste belén que se poderán visitar no Multiusos ata finalizar o Nadal e anima aos veciños a colaborar con Cáritas achegándose a visitalo e facendo doazóns de alimentos non perecedeiros ou deixando algún donativo nas urnas colocadas para tal fin na propia estrutura. Todo o recollido será entregado a asociación benéfica. O presidente de Cáritas Redondela agradecía tanto ao concello como a José Carlos Otero que se teñan acordado da organización que preside para colaborar nestes tempos nos que tanto se necesita.  

José Carlos Otero Crespo autor
Un proxecto de varias décadas
Javier Bas alcalde
Anima aos veciños a colaborar con doazóns que se entregarán a Cáritas
Cáritas Redondela
Dende a asociación agradecen a colaboración

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará