Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Otero, imaxes dunha vida

RR_Noticias

Unha exposición fotográfica no Multiusos da Xunqueira que se pode visitar ata o vindeiro 14 de xaneiro lembra a figura de Rita Otero Fernández (Redondela 1902-1956). Unha mostra enmarcada dentro dos actos conmemorativos polo seu nomeamento como persoeira do ano 2014 e que rematarán coa presentación o vindeiro 26 de decembro dun libro de Sabela Álvarez, no que se recolle a súa traxectoria vital.

As palabras máis emotivas do acto de presentacións da mostra fotográfica que dende o pasado venres se pode visitar no Multiusos da Xunqueira foron unha vez máis as que pronunciou o seu fillo Pedro Regojo, quen lembrou ante os asistentes a figura da súa nai “como unha muller valente que non tivo reparo en achegarse non só aos máis pobres senón aos represaliados pola guerra civil e aos propios presos na Illa de San Simón, nuns tempos difíciles marcados pola posguerra”. Lembraba que incluso se carteaba con presos doutros puntos da península e que sempre se interesou polas súas familias. Unha muller de quen destacan os que a coñeceron a súa xenerosidade en axudar “a todo aquel que o necesitara sen ter en conta a súa ideoloxía” dedicando a súa vida aos máis necesitados. Outra das cualidades que Pedro Regojo non quixo esquecer ao rememorar a figura da súa nai foi a súa dedicación ao traballo “unha característica común a Casto Sampedro e Alejandro Otero, os dous persoeiros homenaxeados en anos anteriores. A exposición está integrada por varios paneis explicativos e sobre todo fotografías a gran tamaño cedidas pola familia que forman parte do universo persoal da Familia Regojo, con algunha imaxe tamén das que fora a empresa téxtil máis importante do noso concello. Un acto que contou coa participación do edil de Cultura Julio Alonso e coa presenza do tenente de alcalde Miguel Angel Álvarez quen salientou a figura de Rita Otero lembrando “que quen non vive para servir non sirve para vivir”.

Julio Alonso edil de cultura
Uns actos enmarcados no programa do ano Rita Otero
Pedro Regojo filla da homenaxeada
Unha muller valente
Unha muller xenerosa
Regojo lembrou anécdotas da súa vida que amosan o carácter de Rita Otero
Redondela terra de xigantes
Fixo un chamamento aos políticos e aos veciños máis novos
Miguel Angel Alvarez tenente de alcalde
Quen non vive para servir non sirve para vivir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará