Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local repartirá entre os clientes 3000 euros en premios directos

RR_Noticias

Arranca no día de hoxe a Campaña de Nadal no comercio local con premios directos no xa tradicional Rasca e gaña. Nos 90 comercios participantes da campaña que organiza a Asociación de empresarios repartiranse máis de 3.000€ en premios directos polas compras realizadas dende o 8 de decembro ata o 6 de xaneiro. Dúas carpas en Redondela e Chapela ofrecerán actividades aos máis pequenos a partir do 20 de decembro.

Os rasca teñen agochados dous tipos de premios: uns que se poden trocar en calquera establecemento que participa na campaña, mais de 90 comercios, e outros, que se poden trocar so no comercio onde nos tocou o premio. Os importes dos premios poden chegar ata os 50€ por rasca. Este Nadal contará tamén cun completo programa de ocio para os mais pequenos. A tradicional Carpa de Nadal que se situará diante da Casa da Torre entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro tamén estará na Alameda de Chapela  entre os días 22 e 30 de decembro. Tamén haberá dúas zonas de atracción infantís nas Alamedas de Chapela e Redondela con descontos do 50% nas entradas que se poderán conseguir nos establecementos asociados. Alboradas polas rúas, a Coca Simona e a tradicional cabalgata de Reis completan o programa de animación para este Nadal en Redondela.  

Fernando Sampil Asociación empresarios
Fálanos da campaña Rasca e gaña
Carpas para os nenos
Funcionarán en Redondela e Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará