Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Plastic Omnium e Castro Chapela disputan o derbi con máis nivel dos últimos tempos

RR_Noticias

Os dous equipos da Primeira Nacional chegan ó partido nos postos altos da táboa, na cuarta posición os de Carlos Rey, e na terceira os de Teixeira, a tan só un punto do liderado. A cita é o sábado, ás 18.30 horas, no Pavillón Municipal de Redondela.

O derbi entre os dous equipos locais está a despertar moita expectación. Os equipos de Redondela e Chapela volven coincidir nesta categoría, e chegan á cita nun gran estado de forma. Para Fran Teixiera, adestrador do Chapela, será un encontro “moi igualado”, cos dous equipos nun alto nivel, e eloxia a temporada da SAR. Teixeira entende que, malia que o conxunto de Rey tiña como obxectivo a permanencia, debe aspirar a moito máis a tenor dos resultados obtidos ata o de agora nas once xornadas disputadas. Os anfitrións son cuartos na táboa, e non perderon ningún partido na bomboneira. Ademais, as súas únicas tres derrotas foron cos equipos máis fortes da liga. En canto á situación do Castro Chapela, aspiran ao máis alto. Son terceiros a tan só un puntos dos dous equipos que lideran a táboa, Seis do Nadal e Cisne. Teixeira lamenta non ter máis puntos por mor da derrota co Luceros e o empate co Xiria, e lembra que por agora son o único equipo que gañou aos dous que van en cabeza. A boa forma dos equipos redondeláns non é unha sorpresa para Teixeira, que defende o balonmán como o primeiro deporte local. De feito é a disciplina deportiva a máis alto nivel competitivo nas categorías superiores, ademais de contar unha vintena de escolas de deporte base para os máis pequenos.  

Fran Teixeira adestrador
O derbi estará moi disputado entre dous equipos que están a moi bo nivel.
Castro Chapela
Teixeira lamenta non ter algún punto máis logo dun empate e unha derrota nas once xornadas disputadas.
Balonmán redondelán
O balonmán é a disciplina deportiva a máis alto nivel no Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará