Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas anima aos veciños a participar das súas actividades cun mes de portas abertas

RR_Noticias

Aprender a facer calceta ou costura, achegarse ao baile galego ou aprender pandeireta e gaita son tan só algunhas das actividades que esta asociación cultural de Chapela oferta durante todo o ano. Durante este mes de decembro os que así o desexen poderán asistir a esas clases de xeito gratuíto. O obxectivo é animar aos indecisos. A asociación traballa tamén na programación propia do Nadal.

Durante todo o mes e de xeito gratuíto os que o desexen poden participar das clases que se imparten tanto para nenos como para adultos e que abordan ensinanzas tales como o baile tradicional, a pandeireta, a gaita e a percusión ou a costuras e a calceta. Os que queira probar poden achegarse ás clases que se imparten na nave na que ten a súa sede a asociación. A secretarias de Froles Mareliña, Mª José Guisande lembra que están a traballar xa nas actividades propias do Nadal coa celebración o domingo 28 do xa tradicional mercadiño que se realiza na Alameda da parroquia. Tamén teñen en marcha a V edición do curso de cata de viños a cargo da sumiller Mercedes González Rodríguez e que vai ter lugar o día 30. O prezo é de 5 euros para os socios, 15 euros os non socios.  

Mª José Guisande Froles Mareliñas
A secretaria da asociación fálanos deste mes de portas abertas
Mercadiño de Nadal
Celebrarase ó domingo 28
Cata de viños
V edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará