Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a reducción a menos da metade do orzamento destinado a saneamento

RR_Noticias

Aseguran os nacionalistas que o goberno de Javier Bas “obstaculizou a extensión da rede de saneamento” ao pasar “dunha inversión superior aos 600.000 € anuais durante o mandato anterior, a menos da metade” segundo afirma o concelleiro Xoán Carlos González.

Unha das necesidades primordiais é a chegada da rede de saneamento a todas as parroquias de Redondela. Así o entenden no BNG quen aseguran que durante os anos nos que formaron parte do goberno municipal desenvolveron “un ambicioso plan para dar resposta a esa demanda veciñal” cunha inversión anual dun mínimo de 600.000 euros en obras de saneamento, chegándose algún ano a superar o millón de euros. Un ritmo inversor que segundo denuncian detívose co goberno popular “cuxas prioridades van por outros derroteiros máis espectaculares. Critican que o goberno actual non teña no saneamento unha das súas prioridades “porque se trata dunha infraestructura que non arrastra moitos votos”.
Xoán Carlos González acusa ao alcalde Javier Bas, de “exercer de auténtico apagalumes, pois ante a problemática denunciada polos veciños e veciñas de Os Valos; no canto de formular solucións, publicita outras obras de saneamento, que deberían ser tomadas como unha inversión de carácter ordinario”. 
.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará