Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

París anima a acudir ao CIM ante calquera indicio de violencia contra as mulleres

RR_Noticias

Neste 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Concelleira responsable de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa París, anima a achegarse ao CIM, o Centro de Atención ás Mulleres onde se ofrece unha atención global encamiñada a apoiar e asesorar ás vítimas de xeito completamente anónimo.

As estatísticas falan de que o número de mulleres nesta situación en Redondela ten experimentado unha lixeira melloraría nos últimos anos, pero a Concelleira insiste en que a diminución é cuasi anecdótica “dous o tres casos menos por ano” polo que se fai necesario seguir insistindo e traballando de cara a atallar un problema que no que vai de ano xa se cobrou 6 vítimas en Galicia, sendo moitas máis as mulleres que cada día sofren a violencia por parte das súas parellas ou ex parellas. Unha violencia que nos casos extremos acaba co asasinato da vítimas, pero que comeza con insultos, palabras malsoantes e indicios ante os cales é preciso estar atentos e non baixar a garda. Ante situacións semellantes Teresa París anima a achegarse aos servizos municipais, concretamente ao Centro de Información ás Mulleres onde cada caso será analizado e atendido por profesionais que achegarán e facilitarán atención psicolóxica ou legal segundo sexa casa caso. Na xornada de hoxe e seguindo cos actos deste 25 de novembro terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura unha charla a cargo da avogada do CIM, Mercedes Carreira baixo o título Enfróntate a violencia. Atrévete a denunciala!. O venres será na Asociación deportivos Cultural Miñoteira onde a psicóloga Mariña Iglesias impartirá a charla Respéctate a ti mesma. Uns actos que completan un programa que arrancaba hoxe mesmo con protagonismo para o alumnado do IES Pedro Floriani, rapaces e rapazas encargados nesta ocasión de asumir a elaboración e lectura da declaración institucional que se puido escoitar ás doce do mediodía diante do Concello.  

Alumnado Pedro Floriani
Forons os encargados do Manifesto do 25 Novembro
Teresa París Concelleira de Igualdade
Actuar ante calquera indicio
Acudir aos Servizos Municipais
O Centro de Información ás Mulleres ofrece un asesoramento global
Charla na Casa da Cultura
Enfróntate a violencia. Atrévete a denunciala!.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará