Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco acada un punto Cerceda

RR_Noticias

Co resultado de 0-0 en Cerceda os dous equipos seguen empatados na táboa, agora no 2º e 3º posto. O próximo rival dos redondeláns é o Pontevedra, novo líder da Terceira División logo dunha vitoria diante do Arousa coa que conseguiu adiantar a Choco e Cerceda.

Terceira División
Cerceda 0-0 Choco
No encontro de onte o Choco xogou de igual a igual cos anfitrións, un conxunto creado para estar na zona alta e aspirar á Segunda División B, pero que non foi quen de superar aos homes de Jacobo Montes. Na primeira metade houbo dous disparos de Herbert, que detivo sen problemas Cortegoso, e a segunda parte comezou cunha ocasión do atacante redondelán do Cerceda Peloto, que estivo preto de inaugurar o marcador. Pero uno dos defensas do Choco sacouno na área pequena. Reaccionou o equipo choqueiro, que dispuxo de dúas boas accións de ataque, pero Valín liquidou as dúas con acerto. Primeiro desbaratou un man a man de Hugo e, a continuación, repeleu un disparo de Xosé Ramón. Algunha que outra chegada do Cerceda que non se materializou e finalmente reparto de puntos nun encontro sen goles que deixa ao Choco na terceira praza e o Cerceda na segunda. Ambos con 26 puntos. O domingo o Choco regresa a Redondela para enfrontarse ao Pontevedra no partido estelar da xornada e co liderado en xogo. Os da cidade do Lérez encabezan a clasificación cun punto máis que Cerceda e Choco. Un partido que centrará a atención dos afeccionados, pois ambos os conxuntos están a realizar unha brillante campaña e teñen moitas cousas que dicir.
Segunda Autonómica

Choco B 4-0 Sampayo
O filial do Choco goleou ao pechacancelas, o Sampayo, e escala ata a 3ª posición do grupo. A próxima xornada disputará un interesante encontro no campo do líder, o Nigrán, que suma catro puntos máis que os redondeláns.
Arcade 0-1 Cuntis
O Arcade non puido co Cuntis, equipo situado na parte alta da táboa. E difícil o van ter tamén os de Soutomaior a próxima fin de semana, porque xogan no campo do Vilagarcía, 2º do grupo.
Terceira Autonómica

Cesantes 3-2 Sampayo B
Partido de moita intensidade que o Cesantes xa gañaba por 2-0 no descanso, con goles de Toro e Isaac. O Sampayo conseguiu empatar con dous tantos de Cobi, pero finalmente os redondeláns acadaron a vitoria grazas a un gol en propia porta dos visitantes. Na próxima xornada desprázanse ao campo do Marín, dous postos por riba do Cesantes.
Chapela 1-1 Sta Eulalia
O Chapela mantén o liderado logo do reparto de puntos no partido co Sta.Eulalia, aínda que o Nieto recortou distancias e está a tan só un punto. Na próxima fin de semana os de Redondela xogan no campo do pechacancelas, o Fortuna Vigo, que aínda non sumou ningún punto.
Mosende 1-4 Beretes Chapela
O Peña Beretes goleou a domicilio ao Mosende, e mellora posicións na táboa. A próxima fin de semana descansa.
Vilar 0-1 Pontellas B
Os redondeláns non puideron co líder do Grupo 17, o Pontellas B. Un único gol de Dani Castro deulle a vitoria ao Pontellas B, o único equipo invicto do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do Areas B, unha posición por baixo dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará