Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eduardo Reguera: “O noso obxectivo é recuperar un goberno de esquerdas para Redondela”

RR_Noticias

O concelleiro, que ven de ser proclamado candidato á alcaldía logo de ser o único candidato que concorreu ao proceso de primarias celebrado polo PSOE, anuncia unha “campaña dura e intensa na que temos que loitar coa división da esquerda”. Amósase aberto aos pactos electorais para evitar que repita na alcaldía “un goberno do PP que se esqueceu de dar resposta ás necesidades da xente”.

Faltan seis meses para as municipais de maio e, polo de agora, o único candidato oficial á alcaldía de Redondela é o que presentan os socialistas. Eduardo Reguera repetirá como cabeza de lista do PSOE logo de ser o único candidato que concorreu ao proceso de primarias do seu partido. Este mestre de profesión, que actualmente exerce no colexio de Quintela, anuncia unha campaña dura e intensa co obxectivo de recuperar para Redondela un goberno de esquerdas. Entende que “malia a previsible atomización do voto entre esas forzas “o apoio maioritario no noso concello é para as formacións de esquerda tal e como xa acontecera nos últimos comicios municipais”. Aventura tamén que de repetirse o resultado de hai tres anos e medio, sería máis doado lograr un acordo postelectoral que permita á esquerda recuperar o goberno local. Non quere desvelar os nomes do equipo que o acompañarán na lista electoral “un equipo de continuidade pero no que se incluirán tamén novas incorporacións” e anuncia “unha campaña intensa que nos levará a estar cos veciños para trasladarlle a realidade de que o PP se esqueceu da xente, abandonando departamentos tan importantes como o de Servizos Sociais”.    

Eduardo Reguera candidato PSOE
Anuncia unha campaña intensa cun obxectivo claro: recuperar a alcaldía para a esquerda
Abertos a pactos
Non haberá maiorías e os pactos serán necesarios. Tamén entende que máis doados que nas últimas municipais
Caras novas
A lista do PSOE renovarase con algunhas caras novas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará