Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito dos nadadores do Racing Club de Chapela, que disputaron sete finais no Mundial

RR_Noticias

Os deportistas Mauro Rodríguez e Loira Fernández, do Club Racing Chapela, conseguiron clasificarse entre os dez mellores do mundo en varias modalidades no Campionato de Natación para deportistas con síndrome de Down, celebrado en México.

Loira foi 7ª na final de 200 metros libres, 6ª en 400 libres, 8ª en 100 bolboreta, e 9ª en 100 libres. Pola súa banda, Mauro foi 6º na final de 400 estilos; 8º en 100 bolboreta; e 16º en 50 bolboreta. Pero a distancia na que Mauro tiña máis opcións, con posibilidades de facerse co título, era en 200 bolboreta. Unha crise de ansiedade minutos antes de comezar a proba impediulle participar. Por outra banda, os nadadores que remataban primeiro e segundo das series clasificatorias para a final recibían medallas internacionais. Deste xeito, Loira Fernández conseguiu ouro e prata en 200 e 400 libres, respectivamente, mentres que Mauro Rodríguez se facía con dúas pratas nas probas de 400 estilos e 100 bolboreta. A competición contou coa participación de deportistas de 23 países e Australia encabezou o medalleiro, seguida de México e Canada. España conseguiu a oitava posición na clasificación final.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará