Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprender a poñer límites, unha conta pendente para moitos pais e nais

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle hoxe ás 19:00 horas unha charla baixo o título “Límites e normas. Educar con responsabilidade”, na que se abordarán cuestións tales como a adquisición de hábitos e liberdades por parte dos menores, o perigo da desinformación e as falsas crenzas sobre as drogas ou o papel dos pais á hora de establecer normas. Angeles Montero, coordinadora do programa de prevención Alborada, será a encargada de conducir a charla.

Unha actividade enmarcada dentro do programa que dende a Concellería de Servizos Sociais se está a desenvolver nos diferentes centros educativos do concello encamiñado a previr o consumo de drogas entres os máis novos. Ademais do traballo que se realiza cos rapaces de cara a desmitificar algunhas falsas crenzas sobre as drogas e alertar sobre o perigo do seu consumo tamén organizan actividades orientadas a pais e nais. Así na xornada de hoxe ás 19:00 horas no Multiusos falarase da necesidade e aplicar normas e límites aos adolescentes como un piar básico na educación. Límites que as veces os pais non aplican por inseguridade, temor ou descoñecemento. Angeles Montero será a encargada de aclarar todas as dúbidas que os proxenitores formulen sobre as normas de comportamento que é preciso definir, a formación de hábitos ou a adquisición de maior liberdade por parte dos nenos consonte van madurando. Falarase tamén de cando aplicar castigos e como resolver conflitos. A charla repetirase en Chapela o xoves 27 ás 19:30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego.  

Angeles Montero Alborada
Explícanos a quen vai dirixida a charla e cal é o seu obxectivo
Cuestións prácticas
A charla será un intercambio de información útil sobre como educar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará