Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2020

O Redondela Fútbol Sala mantense no alto da táboa nunha liga moi igualada

RR_Noticias

O Mondariz, penúltimo clasificado da Liga Galega Sur, púxollo moi complicado ao Redondela F.S. no partido da última xornada, e o Campito F.S., da metade baixa, impúxose ao ata entón líder Lume Bamboo. Dúas mostras do complicada e igualada que está a competición.

Para Julio Mougán, adestrador do equipo redondelán, non foi unha sorpresa o vivido no partido de Mondariz. Eran xa conscientes de que este equipo, malia estar no pozo, “ten calidade” e pelexa polos puntos para saír dos postos de descenso. Na parte alta da táboa a situación é tamén de moita igualdade, con cinco equipos separados por tan só tres puntos. O Redondela F.S., con 19, ocupa a 4ª praza, empatado con Lume Bamboo e Autos Leiros Mos. Nas próximas dúas xornadas os redondeláns xogarán na casa. Será ante dous rivais da parte baixa da táboa, pero Mougán non baixa a garda. O sábado reciben ao Leis Marcón, 14º, pero o equipo deberá estar ao cen por cen para evitar unha sorpresa. Os de Pontevedra son o resultado do convenio entre o Leis e o Marcón e queren evitar o descenso, polo que chegarán a Redondela coa intención de sumar algún punto. A seguinte cita será co garciaaraujo.com, que malia estar na metade baixa da táboa gañou na pasada xornada na pista do actual campión, o Talleres ABC Vigo. Mougán agarda ir recuperando xogadores para estas citas, xa que aínda seguen lesionados Manoliño, Tizón e Buján. Están tamén entre algodóns Iago e Jorge Portela, con molestias tras o partido en Mondariz, aínda que o técnico confía en que estean a punto para o sábado.  

Julio Mougán adestrador do Redondela F.S.
Mougán destaca a igualdade que existe nesta Liga Galega Sur tanto na parte alta como na metade baixa da táboa.
Redondela F.S.-Leis Marcón
Mougán agarda un partido moi complicado ante o filial do Leis.
O lastre das lesións
O Redondela F.S. acarrexa importantes baixas no equipo.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *