Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Decepción ante un consello parroquial sen compromisos

RR_Noticias

Augas fecais no parque infantil, fendas e falta de seguridade vial na estrada da praia, iluminación pública que non funciona correctamente, un colector cuxa ubicación  e uso definitivo é unha incógnita para os veciños… estes e outros temas son os que se debateron no concello parroquial de Cesante e que segundo o presidente da asociación de veciños desta parroquia, Fernando González seguen sen resposta.

Especialmente molesto amósase co tema do colector da praia de Cesantes. Un colector que foi adquirido polo concello por valor de 5.000 euros co obxecto de dedicalo ao desenvolvemento de actividades náuticas segundo explicaron os populares. O presidente da asociación de veciños asegura que a día de hoxe “seguimos sen saber exactamente cal vai ser o seu uso e moito nos tememos que vai acabar ao servizo de empresas privadas” con todo, o que máis lles molesta é a súa ubicación “xa que dubidamos que se vaia trasladar de lugar sexa cal sexa a opinión dos veciños”. Tamén se amosou decepcionado polos escasos resultados que obtiveron en canto a compromisos concretos para arranxar a estrada da praia con fendas que non fan máis que incrementarse coas chuvias dos últimos meses. Reclaman a adopción de medidas que melloren a seguridade vial na entrada en xeral e, particularmente, nas inmediacións do colexio infantil San Pedro.    

Fernando González AVV Cesantes
Amosa a súa decepción ante os escasos resultados dos consellos parroquiais
Colector da praia
A súa ubicación será debatida no último consello do ano
Medidas concretas
Reclaman medias para arranxar a seguridade vial na estrada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará