Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco monologuistas pasarán polo Festival Lareta que se traslada ao Piñeiral do Crego

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza por terceiro ano consecutivo o festival Larreta, no que intérpretes de diferentes estilos e orixe artística ofrecerán un espectáculo onde a palabra é a protagonista. Nesta edición, que arranca mañá sábado coa actuación de Carlos Meixide, pasarán tamén polo escenario Soledad Felloza, Celso Sanmartín, Avelino González e Marián Bañobre.

Este festival de monólogos estase a converter xa nun referente dentro da oferta cultural redondelá, avalado polo éxito das anteriores edicións en Redondela e Chapela.
Neste LARETA 2014, que se celebrará os sábados 15 e 29 de novembro, e 6, 13 e 20 de decembro, pasarán polo escenario Carlos Meixide, Soledad Felloza, Celso Sanmartín, Avelino González e Marián Bañobre, e todos os espectáculos son para público adulto.
As propostas, aínda que ben diferentes, teñen o denominador común dos contos e das persoas que os transmiten, a transmisión oral da lingua e o divertimento que isto supón, mais nesta edición hai tamén unha proposta teatral en forma de monólogo, que estará a cargo de Marián Bañobre, da compañía Ibuprofeno Teatro.
Inicialmente previsto para celebrarse no auditorio da Xunqueira (tal como figura nos carteis que se distribuíron), debido aos problemas coas obras que se están realizando na cuberta do multiúsos da Xunqueira, vaise realizar finalmente no auditorio do Piñeiral do Crego, en Chapela.
O prezo da entrada xeral é de 5 €, e para persoas xubiladas e estudantes será de 3 €. Ademais é posible adquirir un bono para as cinco funcións, co prezo de 20 € ou 12 € para a entrada reducida, que se poderán reservar dende o xoves 13 de novembro nos multiúsos de Chapela e Redondela, ou ben a través do teléfono 986 402 865.
A venda de entradas anticipadas farase dende dous días antes a cada función nos Multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego.
O Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza redondelá a asistir a esta proposta que reivindica o uso oral da lingua propia de Galicia e a súa idoneidade para a transmisión cultural e o lecer.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará