Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AGE pregunta no Parlamento sobre as medidas de Portos para recuperar os bancos marisqueiros

RR_Noticias

A formación política interésase sobre os plans de Portos de Galicia para evitar a degradación do areal de Cesantes e a conseguinte perda dos bancos marisqueiros. Solicitan tamén información sobre o proxecto de reconstrucción do peirao sobre pilotes e dos plans da administración autonómica de cara a recuperar o pantalán na praia da Punta.

Retirar o peirao actual “que dificulta o pasado as mareas e provoca importantes prexuizos nos bancos marisqueiros e nos areais da zona” para construir un peirao flotante sobre pilotes é unha demanda da Confraría que xa ven de lonxe. Así llelo fixeron saber ao deputado de AGE, Juan Fajardo, nunha reunión mantida a finais de setembro con colectivos veciñais e políticos de Redondela.
Estas e outras demandas serán debatidas hoxe no Parlamento de Galicia. Segundo explican dende AGE “a modificación das correntes mariñas, froito das obras do porto de Cesantes, ou o peirao de granitos de Rande, fan que a día de hoxe  rexeneración natural do areal sexa cando menos defectuosa, cunha importante perda de áridos da mesma, unha situación que ademais de afectar a singularidade e  biodiversidade do entorno, ten un efecto directo sobre os bancos marisqueiros dos que viven ducias de mariscadoras”
Por todo isto ademais de preguntar polos plan de Portos de Galicia para a reconstrucción do peirao sobre pilotes nas inmediacións da lonxa e a recuperación do pantalán na praia da punta, solicitan información sobre as actuacións previstas para evitar a degradación do areal  e a perda dos bancos marisqueiros
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará