A Asociación de veciños solicita a colocación dun bandas sonoras co obxectivo de que os vehículos que discorren pola estrada da praia nas inmediacións do colexio de preecolar San Pedro de Cesantes se vexan obrigados a reducir a velocidade. Entenden que é imprescindible a adopción dalgunha medida destas características encamiñada a mellorar a seguridade vial nas inmediacións deste centro para evitar o risco para os rapaces e as súas familias.
Asegura o presidente da Asociación Fernando González que “cada dous por tres o alumeado público das inmediacións salta pola chuvia e as malas condicións nas que se atopa” unha situación que ven agravar outros problemas de seguridade vial no lugar como a elevada velocidade á que circulan algúns vehículos. Todo isto “engadido á imprudencia dos mais pequenos, supón un risco innecesario que se pode solucionar facendo unha instalación como é debido”. Este será un dos temas que se aborde no concello parroquial que se celebra este mércores día 12 en Cesantes o no que se tratarán tamén outras cuestións como o estado do firme da propia estrada da praia que logo de se ampliada meses atrás segue á espera dun novo asfaltado “xa que a situación actual unido ás chuvias das últimas semanas supón un perigo para condutores e peóns”. Tamén trasladarán aos responsables políticos os verquidos de augas fecais no propio parque infantil da praia.