Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande celebra o Samaín

RR_Noticias

A asociación deportiva e cultural de Rande organiza o sábado 8 a partir das 16:00 horas diferentes actividades enmarcadas dentro das celebración do Samaín. Haberá visitas teatralizadas, obradoiros e un magosto popular. Para facer a reserva é necesario chamar ao 986458891 ou enviar un correo a museomeirande@redondela.es. A entrada é de balde.

As actividades arrancarán xa as catro da tarde coas visitas teatralizadas ao Centro de Interpretación. Os asistentes poderán gozar dos contidos do Meirande ademais de coñecer a historia da batalla naval grazas aos personaxes que con moito humor relatan os feitos acontecidos no estreito de Rande no 1702.
A partir das 17:30 da tarde celebraranse xogos populares e un obradoiro de calacús dirixido a nenos e nenas.
Xa a partir das 19:30 horas farase un magosto, onde ademais de castañas haberá chourizos, viños acompañados de boa música. A xornada rematará coa tradicional queimada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará