Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A compañía +Tango presenta no Multiusos o espectáculo “La canción de Buenos Aires”

RR_Noticias

Un espectáculo integral cunha selección das cancións máis famosas do xénero e cunha posta en escena coidada e esmerada que intenta chegar ao corazón do espectador, cotándolle a historia e o trasfondo do tango. Unha actuación que se poderá ver o domingo ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 9 euros. Dende a Radio Municipal convidamos aos nosos oíntes a gozar deste espectáculo completamente de balde. Só tedes que achegarvos ás nosas instalacións na Casa da Cultura de Redondela antes das 14:30 horas.

No escenario atopamos a Daniel Rilo, presentador e narrador, Alejandro Szabo no bandoneón, Julio Pereda no piano, Héctor Rial e Emilce Reosana, responsables das voces e finalmente Diego e Andrea a parella de bailaríns encargada de interpretar o tango no escenario. O espectáculo é dirixido polo narrador quen vai introducindo cada actividade artística e levando ao espectador a un paseo por Buenos Aires, mesturando música e baile con anécdotas, historia e poesía. Un show que está a percorrer Galicia e que o vindeiro Domoni recalará en Redondela, cunha actuación previstas para ás 20:30 horas do domingo día 9. O prezo da entrada é de 9 euros.  

Daniel Rilo +Tango
Fálanos do espectáculo
Héctor Rial cantante
O tango é unha música de todos os tempos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará