Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas critican a falta de investimento da Xunta nos centros educativos do concello

RR_Noticias

Aseguran que non se inclúen nas contas do 2015 ningunha partida específica para o concello de Redondela deixando de lado as necesidades en saneamento e tamén as demandas de mellora en varios centros educativos como o patio cuberto do Colexio de A Marisma ou a construcción do novo centro escolar de Igrexa en Chapela.

O grupo municipal socialista lamenta que o goberno de Núñez Feijóo non destine nos orzamentos da Xunta “nin un euro do gasto en inversións no noso concello”.
Lamentan que se deixen de lado actuacións como o cambio da deteriorada cuberta do centro escolar de Quintela, que aínda está en uralita ou a dotación dun patio cuberto ó CEP A Marisma. Pero, sobre todo, critican que o orzamento da Xunta de Galicia non destine ningunha partida á construcción do novo centro escolar da Igrexa en Chapela. “Non destina nin un euro para esta infraestrutura cando, probablemente, teña que ser trasladado polas obras de ampliación da Ponte de Rande”.
Denuncian tamén que non se recolle nesas contas ningunha partida en materia de saneamento “mentres que si axudan a outros concellos da provincia e, nalgún caso, para sufragar varias obras” indicou o voceiro socialista Eduardo Reguera que engade que “cando a Xunta de Galicia estivo gobernada por Emilio Pérez Touriño chegou a inverter arredor de catro millóns de euros en saneamento en Redondela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará