Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de manualidades na biblioteca de Soutomaior relacionados coa literatura

RR_Noticias

Con motivo da inauguración do novo Centro de Interese centrado na autoaprendizaxe de artesanía, bricolaxe e diversos labores prácticos, a Biblioteca Municipal “Luís Seoane” de Soutomaior iniciou un ciclo de talleres de manualidades que relaciona o tema de cada sesión con elementos literarios. No mes de novembro as propostas pasan por aprender a encuadernar, achegarse á técnica do patchwork e realizar botes decorados con material de reciclaxe. O último obradoiro de outubro, este martes 28, permitirá aos asistentes aprender  decorar unha estancia con banderíns decorativos.

Os talleres, impartidos pola artesá Elisabeth Hillerud, son totalmente gratuítos e realízanse en xornadas diferentes segundo os participantes, os adultos asistirán os martes ás 17:45 mentres os máis pequenos farano os mércores ás 16:15. A actividade está aberta a toda a poboación e conta con 10 prazas por grupo, aínda que terán preferencia os solicitantes empadroados no Concello. A última semana do mes o nenos e nenas aprenderán a construír uns prácticos taboleiros con recordatorios para as súas habitacións e o grupo dos pais centrarase na decoración da casa nas festas infantís e a fabricación de bandeiras decorativas. Esta sesión terá a súa ligazón literaria coa obra de Gabriela Mistral sobre a poesía para nenos ademais doutros autores. Esta actividade realizarase até final de ano e conta con outros talleres programados como os dedicados á vida e obra de Frida Kalho e Diego Rivera en relación coas xoias que lucía a pintora mexicana, unha selección de literatura inglesa da época Victoriana cun taller de diademas e broches ademais do encontro sobre Dickens e outros contos en relación coa decoración do Nadal e moitas outras sorpresas. No mes de novembro continuarán as actividades nas que os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto chamando ao teléfono 986 700.291 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@soutomaior.com  

Graciela Arias biblioteca Soutomaior
Fálanos do proxecto orientado a conciliar artesanía e literatura
Actividades do mes de novembro
Haberá obradoiros para os adultos todos os martes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará