Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS logra unha sufrida vitoria ante o Tui Futsal

RR_Noticias

O equipo de Julio Mougán tivo que facer fronte a un novo encontro marcado polas baixas. Con todo, lograron facerse cos tres puntos en xogo tras vencer por 3-2 ao Tui Futsal nun encontro disputado na bomboneira. O Campito FS tivo que conformase co empate na súa visita ao campo do Cereixa (5-5) mentres que o Arealonga, na Autonómica Norte, caía no pavillón de Chapela ante o Castroverde por 4-6.

O Redondela F.S. lograba unha nova vitoria o que os deixa na segunda praza da categoría a tan só un punto do líder. Os de Julio Mougán malia chegar ao partido novamente mermados polas baixas lograron vencer por 3-2 ao Tui Futsal. O encontro nos primeiros vinte minutos estivo marcado polo aspecto físico cunha segunda metade cun ritmo máis lento. Portillo nunha estratexia de falta adiantaba os seus, pero un bo Tui volteaba con xustiza o marcador e en dous minutos collía vantaxe no electrónico. Un erro defensivo dos visitantes cando remataba a primeira metade empataba o encontro.
A falla de dous minutos nun rexeite dun lanzamento de 10 mts. Joseillo colocaba o definitivo 3-2. O Redondela deberá defender a súa segunda praza na vindeira semana no campo do Sala Ourense.
Tamén en Autonómica Sur milita o Campito F.S. que empataba na súa visita ao campo do Cereixa. 5-5 foi o resultado do partido que sitúa aos de Chapela no decimo primeiro posto da táboa á espera dunha difícil cita a vindeira semana, xogan na casa e reciben ao líder o Quinta Tui.
Xa na Autonómica Norte o Arealonga malia xogar na casa non foi quen de vencer ao Castroverde. Son décimos logo de caer neste encontro por 4-6 e na vindeira semana xogan no campo do Jogafán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará