Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña solidaria de intercambio de libros por alimentos nas bibliotecas

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. Para celebrar esta festividade organizan tamén hoxe un contacontos en Chapela con Raquel Queizás ás 18:30 horas.

“Libros solidarios” é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio. A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto. Contacontos Por outra banda e dentro das celebracións do Día das bibliotecas organizan esta tarde na biblioteca de Chapela un contacontos a cargo de Raquel Queizás que presentará o seu espectáculo “A Orixe”. Unha actividade aberta a nenos a partir dos 5 anos esta tarde no Multiusos do Piñeiral ás 18:30 horas.  

Mª Elena Becerra biblioteca Redondela
Unha actividade conxunta e solidaria
Funcionamento
os intersados poderán cambiar libros por comida ata o 28 de novembro
Mª José Villar biblioteca Chapela
Contacontos de Raquel Queizás

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará