Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Imaxes para lembrar no Centro de Día Arela

RR_Noticias

Viaxando a través do tempo é o suxestivo nome da actividade que esta tarde se vai desenvolver no centro de día Arela de Redondela e que ten por obxecto que os maiores do centro rememoren o pasado a través das imaxe que previamente proxectará o obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. Unha actividade aberta na que poden participar todas as persoas que o desexen previa inscrición no teléfono 986 403 315.

Na liña de actividades anteriores, o obxectivo é que os usuarios do Centro participen e colaboren con outros colectivos da vila. Así, a propós de hoxe contará co obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy de Cesantes, que será o encargado de proxectar imaxes de fotografías antigas onde se recollen festas populares, oficios, apeiros de labranza ou do mar… imaxes que servirán de punto de partida para que a continuación os maiores expoñan as vivencias e historias que teñan gardadas na súa memoria. A cita é ás 17:00 horas de hoxe xoves e pode participar na mesma quen queira acudir previa confirmación de asistencia no 986 403 315.  

Magali Couñago Arela
Unha actividade ó xoves 23 ás 17:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará