Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incerteza entre as vendedoras polo decreto da Xunta que regula a venda directa

RR_Noticias

Os agricultores galegos poden vender directamente os seus produtos ao consumidor  pero previamente terán que estar inscritos nun rexistro e deberán ademais etiquetar ditos produtos. Unhas normas que están recollidas no decreto aprobado pola Xunta para regular esta actividade e que preocupan nun sector que critica a falta de información ao respecto.

Belen Fervenza, membro do Sindicato Labrego galego e veciña de Redondela é unha das persoas afectadas polo decreto xa que vende os seus produtos procedentes da Horta do Cadaval directamente no exterior do mercado. Asegura que hai preocupación entre as súas compañeiras de oficio “sobre todo pola falta de información” pero entende que a norma non terá unha gran repercusión “xa que non se trata dun decreto sancionador e é cada concello o que se terá que encargar de aplicalo”. Con todo, lamenta que non se aproveite esta regulamentación “beneficiosa en certos aspectos xa que permite que os produtores de mel e ovos podían vender ese produtos directamente cousa que ata o de agora non podía facer” para fomentar esta actividade. Un traballo “que supón un complemento salarial para moitas mulleres que venden o seu excedente agrícola e que podería ser tamén unha saída laboral no futuro para novos agricultores”. O feito de que obriguen a estas persoas a se inscribir nun rexistro e darse de alta na seguridade social poderían facer que renuncien a este traballo ao non compensarlles economicamente. Outra das cuestións que preocupa é a do etiquetaxe, xa que os produtos deberán estar identificados. Fervenza entenden que este requisito non provocará ningún problema “xa que será suficiente con especificar nunha etiqueta o nome do produto e a súa orixe”. Finalmente, traslada unha mensaxe de tranquilidade xa que entende que hai predisposición por parte da Xunta para incluír modificacións de cara a evitar que os agricultores que tradicionalmente realizan este traballo acabe abandonando os mercados.  

Belen Fervenza Horta do Cadaval
Un decreto que está a crear confusión entre os vendedores
Etiquetaxe
Un requisito que se pode cumprir sen dificultade
Modificiacións do decreto
Podería haber cambios para permitir que evitar que desapareza a actividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará