Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recital poético multilingüe “Atendendo ao meu amigo” no Multiusos

RR_Noticias

Enmarcado dentro do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” que durante esta semana reúne na Illa de San Simón a sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño, o Multiusos acolle este venres un recital multilingüe ás 20:00 horas no que colaboran as bibliotecas municipais.

Baixo a coordinación de Yolanda Castaño, os participantes serán: Karlis Verdins (Letonia), Katerina Rudcenkova (República Checa), Leire Bilbao (Euskadi), Marilar Aleixandre (nacida en Madrid e cuxa obra literaria desenvolveu en galego), Alvin Pang (Singapur), Catharina Gripenberg (Finlandia) e Cosmin Perta (Romanía) terán oportunidade de compartir con todos os redondeláns o enriquecedor traballo que desenvolveron na Illa de San Simón, a través dun sorprendente recital multilingüe que a ninguén deixará indiferente, “Atendendo ao meu amigo”. O Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia, concibida a semellanza das que se realizan noutros países, que se completa cunha programación de actividades abertas a todo o público e gratuítas. Entrada libre e de balde. Colaboran o Concello de Redondela e as Bibliotecas Municipais de Redondela.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Fálanos da actividade do venres no Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará