Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aucosa solicita maior caudal de auga malia carecer de autorización ambiental

RR_Noticias

A empresa Auxiliar Conververa S.A. instalada en Rande carece de Autorización Ambiental Integrada para o desenvolvemento da súa actividade en Rande logo de varias sentencias, tanto do Tribunal Supremo como do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas que se anulaba a súa licencia ambiental. Unha sentencia inapelábel que implica o seu peche ou traslado a outro lugar. Con todo, a empresa ven de solicitar un aumento do caudal da auga procedente de Cabanas con destino a usos industriais. O BNG presentou unha alegación contra esta solicitude.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia, publica no BOP do 21 de Agosto de 2014 un anuncio polo cal se somete a información pública a solicitude presentada por Auxiliar Conservera SA para unha modificación consistente no aumento de caudal, da auga procedente dun pozo no lugar de Cabanas, Trasmañó, con destino a usos industriais.
Desde o BNG cualifican de “tomadura de pelo aos veciños de Chapela e Trasmañó” que se consinta a presenza dunha empresa que emite diariamente uns olores altamente desagradábeis, así como contamina a ría, cando xa está anulada de xeito inapelábel a Autorización Ambiental Integrada.
Unha situación que se agrava “coa complicidade da Xunta” xa que a empresa non só non ten intención de marchar senón que pretende aumentar a súa produción, o cal produciría maior contaminación e maiores emisións de olores.
Por todo isto, o BNG presentou unha alegación en tempo e forma, solicitando a Augas De Galicia que non lle conceda a AUCOSA o uso dun maior caudal de auga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará