Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres artistas, tres obras, tres mans

RR_Noticias

As esculturas de Rosa Mozo e as pinturas de Fernando Mora e Lolo Nantes conforman a exposición “A tres mans” na que estes tres artistas, unidos pola súa proximidade xeográfica pero tamén por compartir unha mesma concepción da arte, comparten espazo para amosarnos a súa obra nunha mestura de linguaxes artísticas, sensacións e emocións. Dentro do espazo da exposición terá lugar este xoves ás 20:00 horas a presentación do libro Retallo do vento con actuación musical de Alberto Vilas Trío.

Unha exposición colectiva que se pode visitar estes días no multiusos e na que nos atoparemos co traballo de Lolo Nantes, uns cadros no que o artista superpón rectángulos de cores que flutúan entre os azuis, violetas, verdes e granates e que trasladan ao espectador a un mundo escuro que ben podería ser segundo confesa o autor “froito do 8 meses de traballo pechado nunha casa”. Contrasta esta obra os cadros xa máis figurativos que nos presenta o outro pintor participante na exposición: Fernando Mora. Unha obra influenciada necesariamente polo seu lugar de residencia, un entorno natural en pazos de Borbén. Competa esta interesante exposición as escultural de Rosa Mozo, unhas pezas que recrean a figura humana e coas que pretende transmitir “unha emoción que non sempre é necesariamente positiva”. Presentación literaria Dentro deste espazo terá lugar mañá xoves ás 20:00 horas a presentación do libro Retallos do vento, obra do escritor lugués Fernán Xosé Mourenza, “Ferxo” e prologado por Isidro Novo. Unha actividade organizada pola Biblioteca que contará co acompañamento musical de Alberto Vilas trío (Alberto Vilas, piano; Juansy Santomé, contrabaixo e Javier Barral, percusión) e Sapoconcho Sapiño, recitado.  

Lolo Nantes pintor
Amosa a sua obra froito dun traballo intenso nos últimos oito meses
Fernando Mora pintor
Uns cadros influenciados polo entorno natural no que reside
Rosa Mozo escultora
Unha obras que cobran vida

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará