Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuventude amplía o prazo de presentación de traballos ao concurso de relatos curtos Os Viadutos

RR_Noticias

Co obxectivo de estimular a creación literaria e fomentar a súa difusión entre a xuventude, a Concellaría de Xuventude convoca a XV edición dos Premios os Viadutos de Relatos Curtos. Poderá participar calquera mozo con idade entre os 18 e os 35 anos. Os textos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditos. Outorgaranse dous premios: un primeiro dotado con 1.200 euros e un segundo con 600. A data límite de entrega de traballos amplíase ata o vindeiro 10 de novembro.

Poden participar neste certame literario calquera persoa que teña entre 18 e 35 anos de idade e que presente unha obra escrita en lingua galega. Os orixinais deberán presentarse mecanografados por unha cara a dobre espazo cunha extensión mínima dez folios e máxima de quinte no enderezo Concellería de Xuventude, rúa Alfonso XII 36800 Redondela indicando no exterior “Para a XV Edición Premios Os Viadutos”.
As bases pódense consultar na páxina web do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará