Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova normativa municipal obrigará a todos os taxis a instalar un taxímetro

RR_Noticias

Non se recolle no novo regulamento ningunha medida encamiñada a reducir o número de licencias tal e como veñen reivindicando os taxistas. Actualmente son 59 os vehículos que se dedican a esta actividade en Redondela cando a lei establece un vehículo por cada mil habitantes, o que reduciría esa cifra a 29. O Concello mellorará o estado da parada existente na praza de Ribadavia.

O pleno do xoves aborda a aprobación inicial do regulamento municipal do servizo de taxis. A principal novidade é a aplicación da obrigatoriedade de que todos os vehículos que realizan este servizo conten cun taxímetro “eliminando así a incerteza do usuario sobre o custe das carreiras”. Unha novidade que ao entender do concelleiro de Interior Arturo González non suporá cambios importantes para os petos dos usuarios “xa que os prezos manteranse practicamente iguais”. Non se recolle nese regulamento ningunha medida orientada a reducir o número de licencias existentes en Redondela, un total de 59 e que supera con moito o ratio que establece a lei (1 taxi por cada mil habitantes). Neste sentido o Concello opta por non renovar as licencias daqueles taxistas que se xubilen e retirar aquelas que non se están usando para tentar así reducir o exceso de licencias ata as 29 recomendadas. O Concelleiro apuntou tamén que hai en marcha un proxecto para mellorar a parada existente na Praza de Ribadavia tal e como viñan demandando os taxistas que alí traballan. A normativa aprobarase previsiblemente mañá de xeito inicial para a continuación abrir un período de alegacións ata a súa aprobación definitiva.  

Arturo González edil de interior
A normativa debaterase no pleno do xoves
Reducir número de licencias
Actualemente hai 59 cando debería haber 29
Melloras na parada
Está previsto actual na parada da Praza da Farola

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará