Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chamada do Centro de Transfusión de Galicia a facer doazóns ante a caída das reservas

RR_Noticias

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela este  mércores 24 e xoves 25 diante do Concello, en horario de mañá de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas. Actualmente é especialmente necesario a doazón por parte daqueles que sexan A- xa que a reserva deste grupo sanguíneo están en nivel baixo mentres que as de Cero positivo (0+), Cero negativo (0-) e A+ permanecen normais.

O centro de transfusión lembra que para poder atender ás necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns cada día, polo que salientan a importancias de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos. Con todo, actualmente é especialmente necesario a doazón por parte daqueles que sexan A- xa que a reserva deste grupo sanguíneo están en nivel baixo mentres que as de Cero positivo (0+), Cero negativo (0-) e A+ permanecen normais.
Co fin de facilitar a doazón este mércores e xoves as unidades móbiles desprázanse tamén a Redondela en horario de mañá e tarde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará