Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha moción conxunta reclama a Fomento prezos xustos e melloras na ampliación da AP-9

RR_Noticias

As previsións de público fan trasladar o pleno, que se celebrará o vindeiro xoves ás 20:30 horas, ao Multiusos da Xunqueira. A moción foi consensuada previamente coa Asociación de Afectados pola Ampliación da autoestrada e conta co apoio de todos os grupos presentes na corporación municipal: PP, PSOE, BNG e AER.

Entre os puntos recollidos na moción, un total de 14, recóllese unha petición explícita para “que as valoracións dos terreos e vivendas expropiadas  se  fagan de xeito que garantan un prezo xusto e real e que proporcione, no caso das vivendas, a posibilidade de manter un nivel de vida igual ó que os veciños viñan tendo ata o de agora”. Do mesmo xeito solicítaselle a Fomento que manteña as liñas de afección existentes, sen alterar as zonas de dominio público, de servidume, de afección e do establecemento da liña límite de edificación, actualmente aprobado no PERI de Chapela. Respecto das obras a realizar reclámase que Audasa coloque as pantallas de protección acusticas para garantir o illamento das vivendas máis próximas á vía, así como as barreiras de protección visual onde sexan pertinentes e que o asfalto a empreñar “sexa dunha calidade ambiental e co mínimo impacto do ruído posible, tal e como se comprometeron co Concello e a Asociación”. Tamén se solicita na moción que Fomento faga a  ampliación da ponte de acceso a parroquia de San Vicente de Trasmañó e a apertura dunha saída da autopista na zona de Torres de Padín, se é tecnicamente posible e garante a seguridade dos vehículos e persoas, xa que esa saída repercutiría moi positivamente no tráfico de saída pola Rua Bos Aires e que ten como destino Chapela e outras zonas próximas, cando se chega dende o sentido de Ourense ou Baiona. Gratuidade da peaxe Unha vez máis recóllese nesta moción unha demanda histórica dos veciños de todo o municipio: a eliminación da  Peaxe da AP-9  en Rande “xa que entendemos que o Concello de Redondela foi agraviado respecto os de Cangas e Moaña, ós que lle foi eliminado a Peaxe, malia ser Redondela o concello máis afectado pola construción da autopista, como é evidente e así se leva xa expresado ante diferentes adiministracións”.  

Arturo González edil de Interior
A posible asistencia de público leva a celebrar o pleno no multiusos
Moción AP-9
Demandas principais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará