Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrotas do Redondela e o Campito no arranque da liga

RR_Noticias

O Redondela FS caeu ante o Lume Bamboo por 2-0 nun partido no que os de Julio Mougán non amosaron a súa mellor cara. Derrota tamén para o Campito FS que se estreaban na categoría cunha cita complicada, malia xogar na casa recibían a un dos equipos máis fortes da liga, o Talleres ABC Vigo. O partido rematou con derrota para os de Chapela cun contundente 2-5.

O Redondela inicia con mal pe este novo curso de Liga Galega tanto polo resultado como polo xogo desenvolvido polo equipo redondelá. Segundo explica o adestrador unha maior motivación e ilusión por parte dos xogadores do Lume Bamboo fixo que os tres puntos en xogo quedaran en Vigo Un encontro disputado o sábado no pavillón do CUVI ante unhas 50 persoas e que rematou co resultado de 2-0  favor dos vigueses.
O Redondela mandou na pelota pero amosáronse desordenados en ataque durante os carenta minutos de xogo. O Lume mantivo durante todo o encontro unha defensa cerrada e soubo aproveitar as oportunidades que se presentaron poñéndose pro diante no marcador dende o minuto seis do partido e ampliando esa vantaxe ao cara ao final para rematar o encontro co 2-0 definitivo.
Moito traballo por diante para o Redondela que este sábado recibirá ao Cafetería Luar de Ponteareas que tamén se estrenou con derrota na casa ante Mondariz por 3-4. Pola súa banda, o Campito desprázase ao campo do Mondariz.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará