Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coral O piñeiral presenta no seu espectáculo a historia do local “Parque Canario”

RR_Noticias

Tangos, boleros, cha cha cha e outros estilos danse cita neste espectáculo no que os integrantes da Coral de Chapela contarán coa colaboración da compañía de baile BTroula de Meis. A proposta quere ser unha recreación do que acontecía no salón Parque Canario que durante anos funcionou nesta parroquia de Redondela como un centro de espectáculos. Unha cita o sábado 20 ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira.

O Parque Azul, Parque Canario ou salón de baile La luz del día son algúns dos nomes que recibiu este espazo de diversión, baile e lecer que funcionaba en Chapela nos anos de postguerra. Foi este local, segundo explica Benito Pérez, membro da Coral un lugar de encontro dos veciños e de variadas e coñecidas orquestras da época como Orquesta Maira, Capellanes ou Orquesta Echevarría. Un lugar no que se celebraban competición entre grupos musicais, concursos de baile, xogos florais e outras festas conmemorativas así como certames de carácter deportivo. Unha parte da historia local que quedou no esquecemento e que agora esta coral quere recuperar cun espectáculo no que se recrean precisamente os bailes e as músicas que pasaron por ese lugar nos seus anos de gloria. Un espectáculo no que contan tamén coa colaboracións dos bailaríns da compañía BTroula de Meis.  

Benito Pérez Coral o Piñeiral
Unha historia a do Parque Canario recuperada recentemente
Música variada
Diferentes estilos e tamén algúns recitados sobre o escenario
Sandra Expósito compañía BTroula
O baile será tamén protagonista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará