Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ginkana fotográfica plasmará os oficios e actividades das prazas de abastos

RR_Noticias

Poderán competir mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos que se inscriban antes do 25 de setembro. A gimkana fotográfica celebrarase o sábado. O premio para as mellores imaxes consistirán nunha xornada de multiaventura no Ecoparque Rías Baixas. Mañá venres nos mercados realizaranse obradoiros de consumo responsable e distribuiranse entre os clientes bolsas de compra e o libro Mercados con Sabor.

A primeira gimkana fotográfica organiza no marco da Campaña Comprázeme cofinanciado polo eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca terá lugar o sábado 27 de setembro e desenvolverase nas prazas de abastos de Redondela e Chapela.
Poderán participar mozos de entre 12 e 18 anos e a inscrición é a gratuíta. Os obxectivos que se perseguen coa realización da gimkana fotográfica son achegar os mercados á xuventude, dar visibilidade aos oficios e actividades que desenvolven e fomentar o consumo de produtos locais.
As persoas participantes deberán presentarse de 09:00 a 10:00 horas no puntos de control que estarán no mercado de Redondela e no de Chapela, onde se lles facilitarán as instrucións da proba e se lles entregará a icona co logotipo dos mercados que deberán incluír todas as fotografías. Durante a duración da gimkana, as persoas poderán realizar todas as fotografías que consideren e ao finalizar, deberán presentar un máximo de dúas fotografías por cada unha das temáticas elixidas.
As imaxe seleccionadas serán entregadas en persoa no mercado de Redondela e no mercado de Chapela ás 14 horas do día 27 de setembro ou enviando un correo electrónico ao enderezo de correo gimkanamercadosderedondela@gmail.com indicando título da foto, autor/a, enderezo.
As fotografías premiadas serán expostas na casa da Cultura do Concello e a entrega de premios, consistentes nunha xornada de multiaventura no Ecoparque Aventura Rías Baixas para cada persoa gañadora, levarase a cabo o 10 de outubro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará