Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG afirma que Fomento “non lle vai tocar á N-555”

RR_Noticias

Aseguran os nacionalistas que a popular Ana Alonso trasladou aos veciños no Consello parroquial de Cedeira que non existe ningún proxecto de arranxo para a N-555. O BNG critican a falta de interese por mellorar a seguridade viaria nesta estrada malia as reiteradas peticións nestes sentido tanto dos propios veciños como das forzas políticas.

Ante o evidente deterioro desta estrada que cruza catro parroquias de Redondela, o BNG amosa a súa preocupación pola falla de interese do ministerio de Fomento. Segundo o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González, “despois de que se formularan numerosas iniciativas dende os afectados pola estrada, forzas políticas, e se acordara en sesión plenaria demandar do ministerio unha mellora na seguridade viaria, Fomento segue a ignorar estas peticións”.
Engade o BNG que “existe unha total conivencia do goberno de Javier Bas coas directrices do goberno do Estado”. Neste sentido apuntan que as declaracións de varios membros do goberno municipal sobre as iniciativas que o ministerio ía realizar no entorno da estrada que une Redondela co aeroporto dan a entender que non hai interese por parte do Fomento en realizar ningunha mellora.
No último consello parroquial de Cedeira a concelleira do PP Ana Alonso en resposta a unha pregunta sobre a existencia de Proxecto para a mellora na N-555 afirmou que “non existía tal iniciativa, mais que contaban co compromiso do ministerio para arranxala”.
Para a forza nacionalista, confírmase que o ministerio non considera prioritario investir en seguridade viaria, nunha estrada que carece de beiravías, rede semafórica, ou pasos de peóns, salvo no treito que discorre pola zoa de Vilar.
Finalmente recorda o concelleiro nacionalista, o acordo ao que chegou o Pleno de Redondela. Ademais de que Fomento arranxe a estrada pedimos o seu traspaso competencial a outra administración para reducir o movemento de tráfico pesado, e que se reduzan as afeccións ás vivendas
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará