Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita a reforma electoral do PP

RR_Noticias

“Un golpe a democracia”, “unha reforma oportunista e prepotente”, “un auténtico pucheirazo” con frases coma estas referíronse onte os grupos da oposición á reforma electoral do Goberno, unha reforma que foi rexeitada ao sumar os seu voto PSOE, BNG e AER. Pola súa banda o PP defendeu a súa proposta argumentando que “o alcalde debe ser o cabeza de lista da formación máis votada” evitando situación estrañas como as que se dan en moitos concello “con bipartitos, tripartitos, cuatripartitos e outras fórmulas”.

O debate chegaba a esta sesión da man de tres mocións, unha do PP na que amosaban o seu apoio total a reforma e outras dúas de PSOE e BNG na que ambos os dous grupos políticos se amosaban rotundamente en contra da pretensión dos Populares de modificar a lei electoral a tan só uns meses dos comicios municipais. Unha proposta que entenden “é un golpe á democracia”. Os socialistas entenden que “tentar cambiar agora dita Lei soamente responde a intereses escuros para tentar asegurar alcaldías ante unha considerable perda de votos que vai sufrir o grupo popular”. Unha modificación da lexislación vixente a medio ano dos comicios que, en palabras de Eduardo Reguera “ten un claro cualificativo e este é pucheirazo”. Apuntan tamén en defensa da actual lei que “un goberno de coalición pode xuntar a un 60 ou 70 por cento dos sufraxios, pero o grupo popular quere evitar isto e garantir gobernos con porcentaxes de votos do 40 por cento. É dicir, quere garantirse poder acceder a alcaldías en clara minoría e dando as costas as urnas”. A moción do BNG ía máis aló, xa que ademais de rexeitar a reforma da lei Electoral proposta polo PP “por ser profundamente antidemocrática e contraria ao interese do conxunto da sociedade” propoñen tamén outro tipo de acordos encamiñados a incrementar a pluralidade política nos órganos de representación. Medidas tales como a eliminación da regra de D,Hondt como fórmula de asignación da representación nos órganos substituíndoa por outra que garanta un resultado máis proporcional á vontade expresada pola cidadanía ou a eliminación do limiar mínimo para acceder á representación que non contaron co apoio nin de socialistas nin de populares. Criticaban tamén dende o Bloque que o obxectivo do PP con esta reforma “é asegurar o seu poder en moitos concello nos que van perder a maioría”. O edil de AER, Alonfo Blanco apuntaba que incluso a normativa europea aconsella non modificar as leis electorais a menos dun anos das eleccións. Pola súa banda, Teresa París argumentaba a favor da proposta do PP que “elixir alcalde ao cabeza de lista daquela formación que teña un maior número de votos evitaría “situación estrañas que se dan actualmente con bipartitos, tripartitos e outras coalicións e se garantiría a gobernabilidade”. Afirmaba tamén que o PP “é consciente de que so pode gobernar naqueles concellos nos que temos maioría absoluta por iso defendemos esta modificación para poñer freo a colación anti partido popular que existen en todo o territorio”.  

Teresa París PP
os populares defenden a súa reforma da lei electoral para garantir a gobernabilidade
Eduardo Reguera PSOE
Critican a reforma que cualifican de pucheirazo
Cecilia Pérez BNG
Entende que o obxectivo do PP é asegurarse o poder nos concellos nos que van perder a maioría
Alfonso Blanco AER
Lembra as normativas europeas que recomendan non cambiar estas leis a menos dun ano das eleccións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará