Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER volverá presentarse ás eleccións municipais

RR_Noticias

A Agrupación de Electores ven de anunciar a súa intención de concorrer aos vindeiros comicios electorais de xeito independente. Rexeitan así entrar a formar parte de calquera das plataformas electorais que están a xurdir de cara ás próximas eleccións por entender que AER xa é “unha plataforma aberta, dende hai case catro anos, asemblearia e non partidista. É dicir, unha ferramenta que calquera persoa con inquedanzas de participación puido e pode utilizar, unha plataforma cidadá que pretende restituír o protagonismo para a cidadanía”.

A Agrupación de Electores nacía pouco antes dos anteriores comicios municipais cando un grupo de persoas de Redondela decidiron organizarse por entender que era necesario presentar unha alternativa aos partidos políticos tradicionais. Unha formación que logo de acadar un concelleiro e converterse en chave de goberno, acadaba un protagonismo quizais non esperado.
Moitas incógnitas había en torno ao seu futuro, principalmente logo da aparición de diferentes iniciativas como “Somos Maioría” que avogan pola creación de plataformas nas que dar cabida tanto á esquerda social cidadá como á esquerda social política. Unhas incógnitas que veñen de ser desveladas tras anunciar nun comunicado de prensa a súa intención de presentarse “outra vez nas vindeiras eleccións municipais de xeito independente e como unha Agrupación de Electores”.
Amosan a súa extrañeza “pola presunta necesidade de crear novas plataformas electorais municipais, cando AER ven sendo unha plataforma aberta, dende hai case catro anos, asemblearia e non partidista. É dicir, unha ferramenta que calquera persoa con inquedanzas de participación puido e pode utilizar”.
Engaden que malia compartir “case todas as cousas que se din dende estas iniciativas, como Somos Maioría ou as Mareas, non vemos que se plasmen na práctica. Fálase de unidade cando o baile de siglas e coalicións electorais nestes últimos anos é mareante, ou cando para elaborar unha moción en Redondela polo dereito a decidir foi imposible chegar a un acordo. Fálase de importancia dos Concellos, cando nestes últimos anos non se fixo case ningunha iniciativa ou proposta en Redondela sobre as competencias municipais, tanto polos grupos que xa están na Corporación como nos que están sen representación no Concello”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará