Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan que se debata en pleno a mellora da N-555

RR_Noticias

Os veciños afectados pola falta de seguridade vial na estrada que comunica Redondela con Peinador solicitan ao pleno do Concello que aproben medidas de actuación orientadas a mellorar a convivencia de condutores e peóns en dita estrada.

Entre outras demandas recóllense no escrito que presentarán pro rexistro o vindeiro venres a necesidade de que os camións reduzan a velocidade e que cubran a súa carga con toldos para evitar o pó que deixan ao seu paso. Reclaman tamén unha vez máis a necesidade de que se constrúan beirarrúas nunha vía moi transitada pro peóns e vehículos de gran tonelaxe e que presenta moitas curvar e carece en boa parte do seu percorrido de beirarrúas que faciliten o desprazamentos dos veciños.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará