Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para as prazas vacantes do Conservatorio

RR_Noticias

O Conservatorio de Música Profesional de Redondela ten aberto o prazo para a inscrición nas prazas vacantes das especialidades instrumentais que se imparten neste centro para todos os cursos. As probas para cubrir estas vacantes realizaranse os días 12 e 15 de setembro en horario de tarde.

As persoas que estean interesadas en informarse poden achegarse ao centro educativo que comeza a súa actividade hoxe mércores en horario de tarde.
Os horarios para o alumnado do grao elemental entregaranse o día 17 de setembro de 17.00 a 19.00 h; e os horarios do alumnado do grao profesional o día 18 de setembro de 18:30 a 20:30 h.
Por outra banda, o prazo de matrícula na Escola Municipal permanecerá aberto ata o día 16 de setembro para todas as especialidades instrumentais sen límite de idade e o novo curso escolar 2014-15 dará comezo para todos o alumnado da Escola e do Conservatorio o día 22 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará