Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lixo convérsese en arte

RR_Noticias

Un ano máis o Artelixo encherá Redondela de sorprendentes obras de arte elaboradas con material de refugallo. O acto inaugural consistirá nunha “procesión ratil” que partirá o domingo 7 ás 21:00 horas dende a praza do concello para rematar no atrio da Igrexa onde se repartirá pan e viño entre os asistentes. Unha das novidades máis salientables desta edición e a colaboración do comercio local que exporá algunhas das obras de pequeno formato nos seus escaparates.

En total son 40 as esculturas presentadas, das cales 23 serán expostas nas rúas e prazas do casco urbano mentres que as 17 restantes, de menor tamaño, poderanse ver nos escaparates doutros tantos comercios colaboradores ata o sábado día 13. Para facilitar o percorrido por estas obras a partir de mañá a organización comezará a repartir un plano no que se recolle a ubicación de cada unha delas. Un museo ao aire libre no que participan artistas locais pero tamén obras chegadas do Condado, Vigo e outras localidades da provincia. Dende o colectivo Sen Ghasoil, organizador da actividade coa colaboración de Josefá, animan aos veciños a achegarse a esta particular galería de arte e a participar tamén activamente do acto inaugural o domingo cunha obra interactiva que leva por nome “labirinto do lixo” e a posterior “procesión ratil” que partirá ás  21:00 horas para rematar no atrio da Igrexa onde se repartirá entre os asistentes pan e viño.  

Ana Bea Rodríguez SenGhasoil
Un total de 40 obras repartidas por prazas rúas e comercios
Procesión ratil no acto inaugural
Sairá ás 21:00 horas dende a praza do Concello
Colaboración do ocmercio
Algunhas obras de pequeno formato poderánse ver nos escaparates comerciais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará