Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela encadea seis meses consecutivos de caída nas listas do paro

RR_Noticias

O paro descendeu en Redondela en 47 persoas segundo se recolle nos datos feitos públicos pola Consellería de Traballo correspondentes ao mes de agosto. Con esa caída son xa seis os meses con tendencia á baixa nas cifras do desemprego no noso municipio que malia todo conta con 2.593 persoas inscritas nas listas do antigo INEM. Na nosa comarca Soutomaior marca a tendencia contraria, aumentando en 21 o número de persoas desempregadas.

En Redondela son 2.593 o número de desempregados de acordo aos datos feitos públicos onte pola Xunta de Galicia. Seguindo a tendencia galega, o noso concello experimenta un novo descenso no número de desempregados, sendo este mes 47 persoas menos as inscritas repecto ao mes anterior. Malia todo o noso segue a ser un dos concellos da comarca viguesa con máis paro.
O panorama tamén é sensiblemente mellor no concello de Fornelos con dous desempregados menos, sendo agora 198 os veciños deste municipios que se atopan en paro. Pola contra, tanto Soutomaior con Pazos de Borbén experimentan un lixeiro incremento. En Soutomaior son 809 as persoas paradas, 21 máis que no mes de xullo e en Pazos inscribíronse nove persoas máis ao longo do mes de agosto sendo actualmente 417 as persoas que non atopan traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará