Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escola de música de Chapela abre o curso cun concerto didáctico e con novas propostas

RR_Noticias

Aprender a tocar o buzuki, facer soar un tin whistle ou coñecer a técnica do canto moderno xa é posible na Escola de Música de Chapela. Un centro educativo que ven de ampliar a súa oferta con estas novas ensinanzas que se engaden a outras xa tradicionais como frauta, clarinete, saxofón ou percusión, entre outras. Todos os instrumentos presentaranse nun concerto didáctico que terá lugar este venres ás 19:00 horas no auditorio do Multiusos do Piñeiral do Crego.

O concerto pretende dar a coñecer aos máis pequenos e a todo o público en xeral as diferentes clases de instrumentos dun xeito divertido e xogando coa música. Serán 5 grupos de distintas cordas instrumentais os que a través das súas actuación amosen ao público os diferentes instrumentos facendo que os asistentes participen tamén de xeito activo. A entrada será de balde ata completar o aforo. Ao finalizar o concerto os interesados poderán facer a súa reserva de matrícula para o próximo curso na escola de Música de Chapela, inscrición que se pode formalizar tamén a través do enderezo escolademusicadechapela@hotmail.com Begoña Rial, ademais de directora da Escola é membro da directiva da asociación cultural e social da parroquia, entidade que ten aberto xa o prazo de matrícula para as diferentes actividades que van desenvolver neste curso tales como inglés, manualidades, pintura, coiros, lingua de signos, aerobic latino, ioga ou pilates. Unhas actividades cuxo prezo oscila entre os 12 e os 17 euros mensuais, agás a modalidade de baile galego que se ofertará a tan so 5 euros co obxectivo de animar a un maior número de veciños a que se inscriban nesta actividade tradicional. As persoas interesadas poden ampliar información no email culturaldechapela@hotmail.com, nas oficinas da asociación no multiusos de Chapela ou no teléfono 986 452244.  

Begoña Rial directora Escola de Música
Un concerto didáctico para abrir o curso
Novidades
Novas ensinanzas no 2014-2015
Actividades na Asociación Cultural
Máis de 400 persoas participaron o ano pasado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará