Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non pasa do empate diante do Vilalbés na estrea do remodelado campo de Santa Mariña

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes erraron varias ocasións claras de gol diante dun rival que chegou a Redondela para xogar á contra. O encontro rematou co mesmo marcador que comezou, 0-0, nun remodelado Campo de Santa Mariña. Os redondeláns estrearon as novas instalacións neste primeiro partido de liga na casa coas agardadas bancadas.

O Choco, aínda pendente da decisión do Comité de Competición tras a súa reclamación por aliñación indebida do Xuventú Sanxenxo na primeira xornada, rematou o seu primeiro encontro en Santa Mariña cun empate sen goles ante o Racing Villalbés. Aos pupilos de Jacobo Montes faltoulles puntaría nas diferentes ocasións que chegaron á portaría rival, mentrs os visitantes decidiron quedar no seu campo e buscar as súas opcións ao contragolpe. Os redondeláns dominaron o encontro co xogo combinativo propio do Choco. Os visitantes souberon aguantar o empuxe inicial dos de Redondela, que no primeiros trinta e cinco minutos foron claros dominador e dispuxeron dunha clara ocasión nun tiro de Silva que marcho demasiado alto, dous lanzamentos de Comis e un remate de Pablo Piñeiro para inaugurar o marcador. Nos últimos dez minutos da primeira parte chegaron as ocasións para o Racing Villalbés, pero nin Justino nin Villares foron quen de superar a Cortegoso. Na segunda metade volveron dominar os de Jacobo Montes, aínda que o Vilalbés tamén tivo ocasións, pero nin uns nin outros foron quen de materializar ningún lanzamento entre os tres paus. O reparto de puntos deixa ó Choco na parte baixa da táboa, á espera de que o Comité de Competición se pronuncie logo da denuncia interposta ante o Xuventú Sanxenxo.
Novo Santa Mariña
As obras contaron cun orzamento superior ós 1,5 millóns de euros, financiado polo Concello e a Deputación de Pontevedra. Os traballos permitiron ao fútbol redondelán contar con dous campos de céspede artificial e unhas modernas instalacións con gradas para máis de 600 espectadores
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará